Martina Aneiros preside unha nova sesión da Comisión territorial de coordinación da delegación de Ferrol

Ferrol, 11 de marzo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, presidiu esta mañá unha nova Comisión Territorial de Coordinación da Delegación na que tomaron parte os directores territoriais das distintas consellerías.

Durante esta reunión de traballo que se leva a cabo periodicamente, a delegada abordou o estado de tramitación das principais actuacións que a Administración autonómica está  a levar a cabo na zona, así como as distintas convocatorias de axudas. Durante o encontro de traballo, fixáronse tamén as prioridades de cara a este novo exercicio.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 11/03/2025