Belén do Campo supervisa a reforma e acondicionamento da senda peonil na estrada AC-160 á altura da Feira do Tres en Vilarmaior
A intervención acometeuse no tramo desta vía autonómica comprendido entre os puntos quilométricos 5+000 ao 6+900
Vilarmaior (A Coruña), 12 de marzo de 2025
A delegada da Xunta na Coruña, Belén do Campo, acompañada polo alcalde de Vilarmaior, Carlos Vázquez e pola directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisaron as obras de reforma e acondicionamento da senda peonil na estrada AC-160 á altura do núcleo da Feira do Tres no Concello de Vilarmaior. Este tramo únese aos habilitados con anterioridade pola Xunta de Galicia que permite camiñar desde a praia de Miño ata Vilamateo en Vilarmaior de forma segura e sostible.
Esta actuación contou cun orzamento de 85.000 euros e desenvolveuse entre os puntos quilométricos 5+000 al 6+900, cunha lonxitude total de case 2 quilómetros.
A intervención centrouse no acondicionamento do itinerario peonil dun ancho de 1,5 m, no que se utilizou firme de formigón con fibra e acabado en rodillo.
Este itinerario facilitará a mobilidade dos veciños ao solucionar as carencias deste tramo de estrada que non dispoñía de beirarrúas. Neste senso, a delegada lembrou que nesta zona hai moito usuario de bicicleta e peóns polo que será de gran utilidade.