A conselleira María M. Allegue mantén un encontro de traballo co alcalde de Frades
2025-03-12
/documents/35297/1634276/250312_Vivend_ReuAlcdFrades_MAC-3.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 12 de marzo de 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Frades, Roberto Rey Martínez.
Na xuntanza, que tivo lugar esta tarde en San Caetano, a conselleira e o rexedor abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio coruñés.
M. Allegue destacou a importancia da colaboración entre administracións para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica na comunidade.
Data de actualización: 12/03/2025