A Xunta colabora co IV Torneo de Ximnasia Rítmica Cidade de Lugo, que se celebra este sábado
Lugo, 13 de marzo de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación do IV Torneo de Ximnasia Rítmica Cidade de Lugo organizado polo centro de ximnasia e danza Gravitty, que se celebrará este sábado, 15 de marzo. Será pola mañá no pavillón municipal. No acto estiveron representantes da escola e das demais institucións e entidades implicadas.
Arias apuntou que a Administración galega colabora con este evento, incluído no calendario oficial da Federación Galega de Ximnasia, “que contribúe a reforzar a Lugo como referente nesta modalidade deportiva e que brinda ademais unha experiencia única aos ximnastas participantes”.
A xornada contará coa asistencia da ximnasta olímpica Almudena Cid, que pola mañá estará presente nas competicións e pola tarde impartirá unha master class.