A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático asistiu este sábado á I Cea de cazadores de Melide-Santiso
Ángeles Vázquez pon en valor a actividade cinexética como ferramenta clave para garantir o equilibrio ecolóxico no medio natural
Subliña que para facilitar o labor do colectivo o seu departamento ofrece axudas para a mellora dos hábitats cinexéticos e a construción de tobeiras artificiais nos Tecores
Melide (A Coruña), 16 de marzo de 2025
A conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático, Ángeles Vázquez, participou onte na I Cea de cazadores de Melide-Santiso, que reuniu a arredor de 500 persoas no Palacio de Congresos melidense e onde puxo en valor o papel da actividade cinexética en Galicia para garantir o equilibrio ecolóxico no medio natural entre a fauna silvestre e os ecosistemas que dependen del.
Cómpre lembrar que a superficie cinexética comprende máis do 80% do territorio da comunidade, na que hai rexistrados 449 Tecores (terreos cinexéticos ordenados), 34 explotacións cinexéticas comerciais e 77 zonas libres de caza.
Estes datos, como recalcou a responsable autonómica, dan conta da importancia que ten un sector con moita tradición ademais en Galicia e ao que agradeceu a súa boa disposición para colaborar no control das especies de fauna silvestre.
Así e tras lembrar que a Xunta está comprometida coa obriga de compatibilizar os usos e actividades humanas coa conservación dos recursos naturais, considerou moi importante seguir fomentando as boas prácticas no exercicio da actividade cinexética e apoiar ao colectivo no seu labor.
En concreto, a conselleira incidiu en que desde hai anos o seu departamento ofrece axudas aos titulares dos Tecores para realizar nestes terreos, por un lado, actuacións de mellora de hábitats cinexéticos mediante a roza e trituración mecánica do mato, a sementeira de cereal e leguminosas, entre outras, e por outro, para construír tobeiras artificiais. En concreto, a convocatoria de 2025 conta cun orzamento de 270.000 euros