O presidente participou na presentación do último libro do xornalista Juan Fernández-Miranda, Objetivo: Democracia. Crónica del proceso político que transformó España
Rueda reivindica o legado da Transición e subliña o valor do diálogo e a concordia como marcas distintivas de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de marzo de 2025
O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, participou hoxe na presentación do último libro do xornalista Juan Fernández-Miranda, Objetivo: Democracia. Crónica del proceso político que transformó España, editado por Espasa.
Na súa intervención, o presidente galego reivindicou o legado de diálogo e acordo da Transición española e subliñou que Galicia apertou eses valores como propios. “Se hoxe somos unha terra de concordia e defensa dos principios democráticos, é polas leccións aprendidas na Transición. É fundamental manter vivos estes valores hoxe e defender os nosos dereitos e a nosa liberdade que tanto custou lograr”, subliñou Rueda.