O Servizo Galego de Saúde publica as listas de selección temporal de enfermería, enfermería do 061 e técnico en coidados auxiliares de enfermería

O total de admitidos nas tres categorías é de 29.404 profesionais

O número de novas inscricións é de 833 en enfermeiro, 67 en enfermeiro do 061 e 1.139 en técnico en coidados auxiliares de enfermería

Entrarán en vigor a efectos de chamamentos mañá, día 3 de abril

Santiago de Compostela, 2 de abril de 2025

O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, a relación definitiva coa orde de prelación e a puntuación obtidas polos aspirantes admitidos no proceso de elaboración das listas de selección temporal nas categorías de enfermeiro, enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e técnico en coidados auxiliares de enfermería.

O total de aspirantes admitidos foi de 13.254 en enfermeiro, 1.080 en enfermeiro da Fundación Pública Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e 15.070 en técnico en coidados auxiliares de enfermería.

O número de novas inscricións en relación ao pasado ciclo é de 833 en enfermeiro, 67 en enfermeiro do 061 e 1.139 en técnico en coidados auxiliares de enfermería.

As listas atópanse publicadas, á disposición das persoas interesadas, na páxina web do Servizo Galego de Saúde (www.sergas.es), no apartado Emprego Público-Listaxes de persoal estatutario. Ademais, o estado de cada solicitude pode ser consultado polo aspirante no seu expediente electrónico persoal en Fides/expedient-e/sección de procesos.

Entrarán en vigor a efectos de chamamentos o día 3 de abril de 2025.

Próximas listas

Proximamente publicaranse as listas de enfermeiro especialista en enfermería de saúde mental, enfermeiro especialista en enfermería do traballo, enfermeiro especialista en enfermería familiar e comunitaria, enfermeiro especialista en enfermería obstétrico-xinecolóxica (matrona), enfermeiro especialista en enfermería pediátrica, médico de familia, médico de urxencias hospitalarias, médico coordinador do 061, médico asistencial do 061, pediatra de atención primaria e técnico de saúde de atención primaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 02/04/2025