O delegado territorial da Xunta reúnese cos representantes da empresa ourensá Escena Sonora
2025-04-02
/documents/35297/1659060/020425+P%C3%A9+de+Foto+-+Reuni%C3%B3n+Escena+Sonora+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 02 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo esta mañá un encontro con representantes da empresa ourensá Escena Sonora, dedicada á produción de eventos culturais e musicais. Na reunión avaliáronse as iniciativas nas que esta entidade colaborou coa Xunta a prol do crecemento do sector audiovisual, e estudáronse distintas liñas de cooperación no futuro para fomentar a creatividade e reforzar a posición de Ourense como un referente competitivo.
Departamento:
C. de Economía e Industria
Data de actualización: 02/04/2025