O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Vilar de Santos
2025-04-04
/documents/35297/1659066/040425++Reuni%C3%B3n+alcalde+de+Vilar+de+Santos+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 04 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá co alcalde de Vilar de Santos, Rubén Colmenero, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Manuel Pardo, despois de repasar co seu rexedor asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello de Vilar de Santos”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 04/04/2025