A delegada territorial da Xunta de Galicia na Coruña, Belén do Campo, fai balance do primeiro semestre do ano na Comisión de territorial de coordinación

Na comisión territorial de coordinación, ademais de realizarse un balance do primeiro semestre do ano, tratáronse as actuacións a levar a cabo o día 12 de agosto no que terá lugar o eclipse solar total. Abordouse o tema das incapacidades temporais e a situación actual do Concurso de traslados

A Coruña, 16 de xullo de 2026

A delegada da Xunta de Galicia na Coruña, presidiu hoxe a Comisión de coordinación territorial, nun encontro de traballo cos directores territoriais das distintas consellerías, no que se fixo un balance do primeiro semestre do ano, incidindo nos seguintes puntos:

As actuacións a seguir o día 12 de agosto no que terá lugar un eclipse solar total, con especial visibilidade na provincia da Coruña, respecto o cal, a Xunta de Galicia ademais de actuar de xeito coordinado coas distintas administracións, e realizar actuacións que manteñan informada á cidadanía, creou unha comisión especial de emerxencias destinada a garantir a seguridade durante a duración do fenómeno astronómico.

Abordouse a situación das incapacidades temporais, así como a busca constante por parte da administración autonómica de solucións que reduzan a duración das mesmas e supriman aquelas que poidan ser evitables, utilizando medidas de carácter transversal que garantan sempre os dereitos dos traballadores

 A delegada puxo de manifesto que no senso do Diálogo social, estase a traballar na adopción de decisións consensuadas para mellorar o benestar laboral e reducir o impacto do absentismo, que se incorporarán nun Plan Integral.

Sinalouse tamén que no ámbito sanitario reforzouse con 18 novos profesionais aos equipos de inspección dos Servizos Sanitarios, 6 dos cales para a provincia da Coruña, o que suporá unha inversión extra de 3.026.709,24 euros nos próximos tres anos, co que se busca acadar unha maior eficiencia na xestión dos procesos das IT.

Concurso de traslados da Administración autonómica, publicado o pasado 17 de abril que implicará o maior movemento de persoal dos últimos anos sendo preto de 3200 empregados públicos os que cambiarán de posto de traballos. Iniciaranse as tomas de posesión no vindeiro mes de setembro, conforme ás instrucións e ao protocolo, elaborados pola Dirección Xeral de Emprego Público e Administración de Persoal, coa finalidade de facilitar o proceso, atendendo sempre a criterios de coordinación entre as distintas consellerías, que garantan a organización e a calidade na prestación dos servizos públicos.

Finalmente, os directores territoriais asistentes informaron da situación nas que se atopan as ordes de axudas máis relevantes das súas respectivas consellerías, algunhas en prazo de execución e outras xa finalizadas, así como a previsión de publicación de vindeiras convocatorias.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/07/2026