Belén do Campo destaca a importancia das prestacións de servizos de vixilancia e socorrismo

A representante do Goberno autonómico coñeceu de primeira man a APP de Ceus World para mellorar a seguridade e a comunicación cos socorristas

A Coruña, 4 de abril de 2025

A delegada da Xunta, Belén do Campo, recibiu ao CEO da startup coruñesa, Ceus World, David Varela, ao fronte desta empresa, con sede en Santa Cruz, están tamén  o programador Iago García e a deseñadora Carolina Varela. 

A representante do Goberno autonómico coñeceu de primeira man o funcionamento da súa plataforma a través da cal pódese localizar información de 1.400 praias ao longo da costa galega, con datos de se teñen bandeira azul, os seus servizos, como son os accesos ou o risco de picaduras, pero tamén permite avisar directamente aos postos de salvamento das praias que xa están conectadas á aplicación só mediante un botón. A principal finalidade da APP é reducir os tempos de actuación dos servizos de emerxencia, e poder coñecer de antemán que está sucedendo nas praias, o que é vital para os socorristas”. Esta iniciativa recibiu o Premio AJE á mellor iniciativa emprendedora da provincia no 2023. Nesta liña, David Varela informou que esta empresa presentou, este ano, a súa candidatura aos premios Impact Social Cup, dentro do apartado de Cidades e Comunidades Sostibles e que o 29 de marzo serán públicos os finalistas.

No encontro a delegada trasladoulle o esforzo que realiza a Xunta de Galicia para apoiar a contratación de socorristas. Concretamente, o Goberno galego conta cunha orde de axudas, dotada con 1,5 millóns de euros, para cubrir o período financiable, que vai do 1 de xuño ao 30 de setembro deste ano. Con esta orde a Xunta quere facilitar a contratación de socorristas como parte da competencia municipal en materia de salvamento en instalacións acuáticas públicas descubertas e en praias, reafirmando así o seu compromiso e vontade de colaboración cos concellos. A representante do Goberno autonómico comprobou a utilidade desta APP como complemento ao traballo que levan a cabo os socorristas. A representante do Goberno autonómico tamén recolleu as súas suxerencias nesta materia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/04/2025