Martina Aneiros recolle en nome do conselleiro de Sanidade o premio ‘Ártabro ao Ferrolanismo’ no transcurso dunha gala na sede de Afundación

Ferrol, 4 de abril de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, xunto ao secretario xeral de Medios, Pedro Rojo, acudiu esta tarde, na sede de Afundación, á entrega dos premios Ártabros 24-25 que organiza cada ano o diario Galicia Ártabra Digital para recoñecer a figuras destacadas da cidade en diferentes ámbitos.

No transcurso da gala Martina Aneiros recolleu en nome do conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, o galardón Ártabro ao Ferrolanismo, un recoñecemento que, segundo trasladou, ten un especial significado para o homenaxeado que quixo dedicarllo aos seus pais. 

Xunto ao conselleiro foron recoñecidos cos galardóns Ártabro aniversario, a Escola de Gaitas de Ortigueira, o Diario de Ferrol e a asociación Secretariado Gitano; Ártabro Cultura, ás rondallas Bohemios e Añoranzas; Ártabro revelación, ao certame O Talentiño; Ártabro servizo á sociedade, á Unidade Canina do Tercio Norte e á Asociación de Cans de Salvamento de Galicia (Casaga); Ártabro entrega aos demais, á Asociación Nuestra Señora de Chamorro e SOS Desaparecidos; Ártabro en defensa dos intereses de Ferrol, Ana Isabel Ares, vicerreitora do Campus Industrial; Ártabro ao deporte, ao Baxi Ferrol; Ártabro emprendedores, ao presidente de Cofer Cristóbal Dobarro; e Ártabro á súa carreira deportiva a José María Criado, expresidente do Racing de Ferrol.

Data de actualización: 04/04/2025