A Xunta conmemora en Vigo os Días Europeos da Artesanía 2025

Vigo, 6 de abril de 2025

A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá en Vigo as actividades de divulgación dos oficios artesanais nos que colabora a Xunta para celebrar os Días Europeos da Artesanía. Fabeiro achegouse ata o local da marca A Casa Rodante, no Centro Comercial A Laxe, onde se desenvolveron ao longo de toda a semana diferentes obradoiros e demostracións de tecido, elaboración de papel, cestería e gravado, realizados polos usuarios dos talleres da Asociación de Familias de Persoas con Parálise Cerebral (Apamp), que forman parte da marca Artesanía de Galicia.

Máis tarde achegouse ata o Museo do Mar de Galicia, onde a Fundación patrocina por terceiro ano consecutivo nos talleres abertos ao público que se están a celebrar destacando a Carlos San Claudio e Peixe Nero que imparten obradoiros de cerámica, Media Lúa de iniciación ao coiro, Como pez en el agua de pintura sobre tecido e Peixesapop de estampaxe coa técnica do Gyotaku. Tamén hoxe, con motivo dos Días Europeos da Artesanía, atópase a XI Mostrafeira de Gondomar, impulsada pola Asociación Galega da Cerámica e outras artesanías e se celebra ao longo do día no antigo matadoiro.

Data de actualización: 06/04/2025