A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión de traballo cos alcaldes da Peroxa e de Nogueira de Ramuín

Ourense, 8 de abril de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, xunto ao delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, mantivo hoxe un encontro de traballo cos alcaldes da Peroxa, Manuel Seoane, e de Nogueira de Ramuín, Julio Temes.

Nesta reunión, que se celebrou na Delegación Territorial da Xunta en Ourense, a conselleira e os rexedores abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para estes municipios.

A conselleira tamén lles trasladou aos alcaldes os detalles das liñas de axudas en materia de vivenda que ten activas o Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 08/04/2025