A Xunta apoia en Vigo á Selección feminina española de fútbol no partido fronte a Portugal
2025-04-08
/documents/35297/1665309/20250408PartidoSeleccionFemininaVigo1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Vigo, 8 de abril de 2025
Os conselleiros de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo; de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez; de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; e a conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, acompañados do secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete, e da delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, asistiron ao partido internacional clasificatorio UEFA Women’s Nations League entre as seleccións de España e Portugal celebrado esta tarde no estadio Abanca Balaídos.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 08/04/2025