A Xunta felicita o Baxi Ferrol por facer historia como primeiro equipo galego en xogar unha final europea de baloncesto

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2025

O conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado polo secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, o director de Turismo de Galicia, José Manuel Merelles, e a delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu hoxe o equipo Baxi Ferrol para darlle os parabéns polos éxitos da tempada. O equipo de baloncesto feminino converteuse no primeiro desta modalidade en Galicia en xogar unha final europea, na que quedou subcampión.

O conselleiro destacou o nivel demostrado ao longo de toda a competición e na final ante o ESB Villeneuve-d'Ascq, así como a paixón que levantou en Ferrol este logro e o feito de lograr este fito no seu primeiro ano xogando a nivel internacional. “Estes son motivos máis que de sobra para sentirvos orgullosas e para sentirnos orgullosos nós pola excelencia do baloncesto feminino galego” apuntou. Diego Calvo aproveitou tamén para felicitar o equipo pola súa clasificación para os play-off na loita pola Liga Feminina Endesa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 14/04/2025