A Consellería do Medio Rural e o Concello de Porto do Son avalían asuntos de interese municipal

Santiago de Compostela, 16 de abril de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantivo unha reunión co alcalde de Porto do Son, José Luis Oujo, para avaliar diferentes asuntos de interese para este municipio coruñés.

A xuntanza serviu para coñecer as necesidades desta localidade en cuestións relacionadas co medio rural, co obxectivo de mellorar nestas competencias para o beneficio da veciñanza.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2025