Belén do Campo asiste á procesión da Piedade organizada pola Cofradía da Nosa Señora da Soidade e Santo Enterro
2025-04-16
/documents/35297/1673480/image1.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
A Coruña, 15 de abril de 2025
A delegada da Xunta, Belén do Campo, asiste á procesión da Piedade que saíu do Templo da Venerable Orden Terceira de San Francisco organizada pola Cofradía da Nosa Señora da Soidade e o Santo Enterro e pola Venerable Orden Terceira de San Francisco. Os Pasos foron A Piedade, o Cristo Procesional e o Cristo da Agonía.
A Procesión da Piedade percorre as rúas da Cidade Vella, pasando pola praza de Carlos I, San Francisco, Santo Domingo, Zapatería, Damas, praza de Azcárraga, praza da Constitución, Príncipe e retorna ao templo. Esta procesión representa a dor da Virxe María ao soster o corpo do seu Fillo.
Departamento:
C. de Cultura, Lingua e Xuventude
Data de actualización: 16/04/2025