A conselleira María M. Allegue mantén unha reunión co alcalde das Somozas
2025-04-16
/documents/35297/1673480/250415_Somozas_x-3.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 16 de abril 2025
A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, vén de manter unha reunión de traballo co alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás.
M. Allegue e o rexedor abordaron en San Caetano actuacións en materia de vivenda e infraestruturas, de interese para este municipio coruñés.
A conselleira e o alcalde coincidiron na importancia da colaboración entre administracións para impulsar os proxectos que contribúan a mellorar a calidade de vida dos veciños e a reforzar a competitividade do concello.
Data de actualización: 16/04/2025