A Xunta axusta desde o luns o horario dun servizo de autobús entre Carballo e Corme para ampliar os enlaces cos servizos que chegan desde A Coruña

O servizo das 16,45 horas atrásase ás 17,00 horas para facilitar a conexión aos viaxeiros que empregan o servizo das 15,50 horas da liña Entrexardíns-Carballo E.A

Increméntanse as posibilidades de transbordo aos usuarios que viaxan desde A Coruña a distintas localidades de Carballo, Malpica e Corme

Santiago de Compostela, 19 de abril de 2025

A Xunta axusta desde o próximo luns, día 21, o horario dun servizo de autobús entre Carballo e Corme para ampliar as opcións de enlace cos servizos que chegan a Carballo desde A Coruña.

En concreto, o servizo da liña Carballo E.A.-Corme Porto que sae ás 16,45 horas da estación de Carballo atrásase ás 17,00 horas.

Así, ademais de manter a posibilidade de enlazar co servizo da liña Coruña E.A.-Meicende-Polígono de Sabón-Carballo E.A. que sae ás 15,25 horas, permite a conexión para os viaxeiros que empregan o servizo das 15,50 horas da liña Entrexardíns-Carballo E.A.

O axuste horario que optimiza a coordinación dos servizos en Carballo facilita máis posibilidades de enlace ás persoas usuarias que viaxan desde A Coruña a distintas localidades de Carballo, Malpica e Corme.

A información actualizada sobre os servizos estará dispoñible para a súa consulta na páxina web www.bus.gal.

Data de actualización: 19/04/2025