A Xunta destaca o papel da Mostra de Encaixe de Camariñas no labor de divulgación e renovación do sector

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou na inauguración da XXXIV Mostra do Encaixe Deputación da Coruña 

Camariñas (A Coruña), 16 de abril de 2025

O director xeral de Comercio e Consumo, Gabriel Alén, acompañado pola xerente da Fundanción Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, participou na inauguración da XXXIV Mostra do Encaixe, organizado polo Concello de Camariñas e pola Deputación da Coruña e na que se dá a coñecer o oficio tradicional do encaixe, en renovación continua grazas ao traballo de profesionais da artesanía e do deseño. Baixo o lema Un mar de piques, nesta edición as palilleiras continuarán demostrando o seu talento, ao mesmo tempo que deseñadores emerxentes se dan a coñecer coa arte do encaixe coma protagonista.

Na súa intervención Gabriel Alén, resaltou o labor deste evento non só a prol da artesanía, senón de todo o sector textil que cada ano converte ao municipo coruñés no referente e símbolo do oficio tradicional do encaixe, que se está a introducir en diferentes disciplinas, desde o deseño de moda ata a xoiería, sendo un exemplo desto o desfile de moda ArtEncaixe, unha iniciativa xa consolidada da mostra na que artesáns de diferentes eidos acheganse ao encaixe.

O Executivo autónomico colabora nesta iniciativa, para que cada ano poida ser un punto de encontro para o sector artesán e a moda galega, contribuíndo a ser un escaparate da marca Artesanía de Galicia, proxectando a imaxe de Galicia e dos seu oficios cara o exterior, contribuíndo a dinamización económica da contorna.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 16/04/2025