O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese coa alcaldesa do Irixo
2025-04-21
/documents/35297/1681084/210425++Reuni%C3%B3n+alcaldesa+do+Irixo+1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 21 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Manuel Pardo, reuniuse esta mañá coa alcaldesa do Irixo, Rosa Dalama, e membros do seu equipo de goberno cos que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica.
Manuel Pardo, despois de repasar coa rexedora e concelleiros asuntos de interese mutuo para as dúas administracións e avaliar posibles vías de colaboración, trasladoulle “o compromiso da Xunta de acometer os investimentos necesarios e traballar de forma conxunta para garantir o benestar de todos os veciños do concello do Irixo”.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 21/04/2025