Martina Aneiros supervisa os traballos de acondicionamento do firme que se están executando na estrada autonómica AC-110, en As Somozas

A delegada territorial de Ferrol lembrou que esta é unha das tres vías nas que a Xunta está investir en melloras máis de 1,7 M€

Os traballos consisten na rehabilitación superficial localizada do firme desta estrada, restaurando e mellorando as características superficiais do pavimento, adecuándoa ás necesidades funcionais e de durabilidade

As Somozas (A Coruña), 22 de abril de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde das Somozas, Juan Alonso Tembrás, e da directora territorial da Consellería de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, Begoña Freire, supervisou hoxe a execución das obras de mellora da pavimentación que o departamento autonómico está a acometer na estrada AC-110, ao seu paso polos municipios das Somozas e Cerdido.

Actualmente estase a actuar nun tramo do concello das Somozas onde se está a proceder á rehabilitación superficial localizada do firme desta estrada, restaurando e mellorando as características superficiais do pavimento, adecuándoas as súas necesidades funcionais e de durabilidade.

Tamén se realizarán melloras na drenaxe, na sinalización , nos sistemas de contención e no balizamento, así como a limpeza de gabias existentes. 

A delegada territorial lembrou que esta é unha das tres estradas autonómicas da área da Delegación que a Administración autonómica está a acondicionar neste momento, xunto á AC-112 e a AC-564 que discorren polos concellos das Pontes, Narón, San Sadurniño, Cabanas y A Capela. O investimento ascende a máis de 1,7 M€.

Deste xeito, a Xunta continúa a traballar para manter as vías de titularidade autonómica nas mellores condicións e para garantir a seguridade viaria aos usuarios, incrementando este ano en máis dun 30% as partidas destinadas a súa conservación máis de 68 M€.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/04/2025