A delegada territorial da Xunta asiste á XXX Gala do Deporte Ferrolán que recoñeceu aos mellores deportistas da cidade
2025-04-22
/documents/35297/1681087/GalaDeporte1.JPG?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 22 de abril de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, asistiu esta tarde no auditorio municipal á XXX Gala do Deporte Ferrolán coa que o Concello recoñeceu o labor dos mellores deportistas e equipos da cidade.
Durante o evento no que a palista de caiac polo Marta Canosa recibiu a Carabela de Prata á mellor deportista de 2014, a delegada territorial fixo entrega dunha dos 70 premios e distincións que se entregaron durante a gala na que tamén se rendeu homenaxe ao triatleta Javier Gómez Noya trala súa retirada do deporte profesional.
Data de actualización: 22/04/2025