Arias recibe a unha delegación da República do Congo para abordar programas centrados na mocidade
Lugo, 24 de abril de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, recibiu hoxe na sede da Administración autonómica a Kouloumbou Bouanga Jule Pauldi, conselleiro municipal e departamental da cidade de Brazzaville, capital da República do Congo, que se interesou polas iniciativas e programas do Goberno galego en ámbitos como a formación profesional, o emprego xuvenil, o fomento do deporte como ferramenta de inclusión ou o asociacionismo entre a mocidade.
A reunión enmárcase nunha serie de encontros estratéxicos que unha delegación congoleña está a realizar en España co fin de promover o diálogo e abordar vías de cooperación entre os territorios. Na xuntanza tamén participou o alcalde de Negueira de Muñiz, José Manuel Braña, que impulsa esta misión institucional na provincia.