O conselleiro de Sanidade, xunto ao xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente, asistiu ao xantar da Asociación Española contra o Cancro do Val Miñor

Gómez Caamaño destaca o papel fundamental da Asociación Española Contra o Cancro do Val Miñor no coidado próximo e humano dos pacientes e das súas familias

Resalta a aposta da Xunta pola prevención a través dos cribados de cancro de mama, cérvix e colon

Baiona (Pontevedra), 27 de abril de 2025

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, puxo de relevancia o labor fundamental da Asociación Española contra o Cancro do Val Miñor no coidado cotiá e humano dos pacientes e tamén das súas familias.

Así o trasladou durante o xantar celebrado en Baiona e no que o conselleiro de Sanidade estivo acompañado polo xerente da área sanitaria de Vigo, Javier Puente.

Gómez Caamaño comprometeuse a seguir traballando cóbado con cóbado coa entidade. Ademais, a Xunta seguirá a apostar polas vías rápidas de atención ao cancro, pola mellora da hospitalización a domicilio e dos coidados paliativos e pola prevención, cos programas de detección precoz xa consolidados de cancro de mama, cérvix e colon.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/04/2025