A rotonda de Sabón, en Arteixo rexistrará esta noite un corte de tráfico no anel inferior para traballos de conservación do firme
O corte producirase hoxe, día 6, a partir das 20,00 horas, e prolongarase ata as 06,00 horas de mañá, día 7
Cortarase o anel inferior da rotonda, e os movementos resolveranse no anel superior
Santiago de Compostela, 6 de maio de 2025
A rotonda de Sabón, no concello de Arteixo, rexistrará esta noite un corte da circulación no anel inferior para a execución de traballos de conservación de firme.
Os traballos realízanse de noite para reducir a afección ao tráfico. Así, o corte producirase hoxe día 6, a partir das 20,00 horas, e prolongarase ata as 06,00 horas de mañá día 7. Cortarase o anel inferior da rotonda, e os movementos resolveranse no anel superior.
Ademais, aproveitarase para realizar algunha reparación puntual de firme tamén nos ramais de acceso á rotonda.