O CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez mellora o seu comedor grazas a unha achega da Xunta de preto de 50.000 euros

A ANPA O Areeiro beneficiouse das axudas para o servizo de comedor que a Xunta outorgou á Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra

Este ano 2025 arrancou a segunda fase do Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica a través do cal a Xunta levará a cabo 61 grandes actuacións na provincia de Pontevedra por valor de preto de 65 millóns de euros

Pontevedra, 7 de maio de 2025

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o CEIP Plurilingüe San Benito de Lérez, en Pontevedra, onde comprobou o resultado das obras levadas a cabo no novo comedor do centro.

Acompañado polo director do centro, Saúl Romero, e polo director territorial de Educación, César Pérez, o delegado visitou o CEIP e comparou o estado do novo comedor coas instalacións que existían hai apenas uns meses.

Os traballos, que consistiron na remodelación do espazo e na adquisición de novo material e mobiliario, foron posibles grazas a un investimento da Xunta de preto de 50.000 euros.

Cabe destacar que o alumnado deste centro goza dun servizo de comedor xestionado pola ANPA O Areeiro. Esta ANPA fai parte da Federación Provincial de ANPA de Centros Públicos de Pontevedra, á que a Xunta outorgou unha axuda de preto de 120.000 euros para o financiamento dos menús escolares.

O delegado territorial rematou a visita poñendo en valor o gran traballo que se está a levar a cabo dende o centro e agradecendo a implicación dos pais e nais que invisten o seu tempo e esforzo en xestionar da mellor forma posible o servizo de comedor.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 07/05/2025