Medio Rural establece vías de colaboración coa Federación Empresaria de serradoiros e rematantes de Galicia

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, mantivo esta mañá unha reunión con representantes da Federación Empresarial de serradoiros e rematantes de madeira de Galicia (Fearmaga).

Nesta xuntanza avaliaron a posibilidade de levar a cabo actuacións conxunta para reforzar a colaboración entre a Administración e esta entidade. Abordáronse tamén asuntos de interese para o sector forestal e as perspectivas de futuro.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/05/2025