Medio Rural avanza na recuperación de terras no concello ourensán de Cenlle
2025-05-09
/documents/35297/1696632/250509_MedioRural_ReuAlcldsaCenlle_MAC-2.jpeg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, mantivo esta mañá unha reunión de traballo coa alcaldesa da localidade ourensán de Cenlle, Rebeca Sotelo. Na reunión avaliaron diferentes asuntos de interese para este municipio. De xeito concreto, abordaron a posibilidade de seguir afondando na recuperación de terra agraria no concello, co obxectivo de aproveitar as terras con alta capacidade produtiva e fixar poboación.
Departamento:
C. do Medio Rural
Data de actualización: 09/05/2025