O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, participou na inauguración das VI Xornadas Galegas de Podoloxía
O Servizo Galego de Saúde pon de relevancia o papel dos podólogos na prevención e detección temperá de enfermidades
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2025
O xerente do Servizo Galego de Saúde, José Ramón Parada, enumerou as principais cualidades dos podólogos para a sanidade pública durante a inauguración das VI Xornadas Galegas de Podoloxía organizadas polo Colexio Oficial de Podólogos de Galicia na Cidade da Cultura.
O xerente do Servizo Galego de Saúde destacou o seu papel de prevención e detección temperá de enfermidades, tanto de problemas estruturais da marcha como de manifestacións de patoloxías sistémicas. Subliñou tamén o manexo que fan de enfermidades crónicas, en especial en pacientes con diabetes para previr o pé diabético.
José Ramón Parada remarcou o traballo destes profesionais para mellorar a mobilidade e así a independencia e a calidade de vida dos pacientes, cun papel importante na educación sobre o coidado dos pés, a selección de calzado axeitado ou a prevención de lesións.