A directora xeral de FP apoia o Campionato de Baristas de Educación Especial en Boiro como exemplo da aposta pola inclusión
Boiro (A Coruña), 15 de maio de 2025
A directora xeral de Formación Profesional, Eugenia Pérez, participou hoxe na celebración do III Campionato de Baristas de Colexios de Educación Especial que se celebrou no Pazo de Goiáns, en Boiro.
A representante da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e FP subliñou a importancia de eventos coma este a prol da inclusión e a integración desde a Formación Profesional e felicitou aos docentes e aos alumnos pola organización deste encontro onde os estudantes teñen a oportunidade de amosar a súa aprendizaxe a través dos ciclos formativos.
Data de actualización: 15/05/2025