Arias participa na inauguración do XV Encontro de Palilleiras de Burela, que conta co apoio da Xunta de Galicia
2025-05-17
/documents/35297/1705198/IMG-20250517-WA0096.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Burela (Lugo), 17 de maio de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou hoxe na inauguración da XV edición do Encontro de Palilleiras de Burela, que se desenvolverá durante toda a xornada; está organizado pola Asociación Cultural e Artesanal de Mulleres Palilleiras "As Encaixeiras" e conta co apoio do Goberno galego.
O porto de Burela é o escenario no que as palilleiras convocadas amosan o seu traballo ás persoas que se achegan. O programa inclúe tamén degustación de empanada de pescada e visitas ao Monte Castelo e á igrexa da Vila do Medio, así como actividades infantís de pintacaras e globoflexia, entre outras.
Departamento:
C. de Emprego, Comercio e Emigración
Data de actualización: 17/05/2025