Javier Arias participa en Lugo na conmemoración do 181 aniversario da fundación da Garda Civil
2025-05-20
/documents/35297/1714007/Garda+Civil+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 20 de maio de 2025
O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, asistiu esta mañá ao acto institucional da conmemoración do 181 aniversario da fundación da Garda Civil que se celebrou na Comandancia de Lugo.
Durante o evento, no que se deu lectura aos decretos fundacionais do Corpo da Garda Civil do ano 1844, procedeuse á imposición de condecoracións e rendeuse homenaxe ao persoal que pasou á reserva ou retiro. Houbo tamén un especial recordo para os efectivos que perderon a vida no desenvolvemento das súas funcións.
Departamento:
A Presidencia da Xunta
Data de actualización: 20/05/2025