Miguel Corgos recibe a alumnado do CPI Antonio Orza Couto no marco da semana da administración aberta

Santiago de Compostela, 22 de maio de 2024

O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, recibiu hoxe ao alumnado de 5º de Primaria do CPI Antonio Orza Couto, que visitaron a sede da administración autonómica e o lugar no que se celebran as reunións do Consello da Xunta de Galicia.

A xornada  de portas abertas, celebrada no marco da Semana da Administración Aberta, permitiu ao alumnado coñecer como se toman as decisións públicas e ao tempo, formular as súas dúbidas e propostas de mellora da administración, fomentando a concienciación de que o goberno aberto implica a participación de todos e todas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 22/05/2025