A Xunta adxudica por máis de 3 millóns de euros as obras de reforma integral do centro de saúde da Milagrosa de Lugo

A empresa Elecnor Servicios y Proyectos resultou adxudicataria desta actuación 

O prazo de execución dos traballos é de 18 meses

Tras esta actuación, o centro de saúde contará con 6 consultas de medicina xeral, 6 consultas de enfermería e novas salas destinadas á docencia, á atención de urxencias e á toma de mostras, entre outras 

Santiago de Compostela, 29 de maio de 2025

A Xunta, a través do Servizo Galego de Saúde, vén de adxudicar á empresa Elecnor Servicios y Proyectos a reforma integral do centro de saúde da Milagrosa de Lugo por un importe de 3.085.500 euros.

A previsión é que as obras dean comezo durante o verán. O prazo de execución establecido no contrato é de 18 meses. 

Con esta actuación, o centro de saúde da Milagrosa será renovado por completo, reorganizándose e ampliando os seus espazos para ofrecer unha atención sanitaria máis cómoda e eficiente aos seus usuarios.

Así, cando se completen as obras de reforma, o centro de saúde da Milagrosa contará con 6 consultas de medicina xeral, 6 de enfermería, así como novas salas destinadas á docencia, ás urxencias e para a toma de mostras. 

Ademais, tamén contará cunha área de admisión completamente renovada e novas zonas destinadas ao seu persoal.

Data de actualización: 29/05/2025