A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas mantén unha reunión co alcalde de Begonte

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2025

A conselleira de Vivenda e Planificación de Infraestruturas, María Martínez Allegue, mantivo hoxe un encontro de traballo co alcalde de Begonte, José Ulla.

Nesta reunión, que tivo lugar en San Caetano, a conselleira e o alcalde abordaron actuacións en materia de infraestruturas, de interese para este municipio.

O Goberno galego continúa apostando pola colaboración cos concellos para impulsar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida dos cidadáns e a reforzar a competitividade económica, fixando tamén poboación no rural.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/06/2025