A Xunta asiste ao izado solemne da bandeira e posterior homenaxe aos que deron a súa vida por España con motivo do Día das forzas armadas 2025
A Coruña, 6 de xuño de 2025
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos e a delegada da Xunta, Belén do Campo, participaron no Izado Solemne de Bandeira e ao posterior Homenaxe aos que deron a súa vida por España con motivo do Día das Forzas Armadas 2025
Durante o acto, celebrado na praza da Constitución, rendeuse tributo aos homes e mulleres das Forzas Armadas que, ao longo da historia, entregaron a súa vida ao servizo de España, coa presenza de autoridades civís e militares, así como representantes de distintos corpos e forzas de seguridade do Estado.
O acto estivo presidido polo xeneral Marcial González Prada, Xefe do Mando de Apoio á Manobra e contou coa participación de persoal militar do Exército de Terra, Armada, Exército do Aire e do Espazo e Garda Civil.