Javier Arias participa na celebración do 25 aniversario do club ciclista Cidade de Lugo
2025-06-07
/documents/35297/1733991/Cidade+Lugo+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 7 de xuño de 2025
O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, participou nos actos de conmemoración do 25 aniversario do club ciclista Cidade de Lugo, celebrados hoxe no Vello Cárcere.
Arias felicitou á directiva actual, que preside David Castro, e “ás que a precederon e axudaron á entidade a chegar ata aquí, promovendo este deporte entre varias xeracións de lucenses e impulsando a traxectoria de destacados deportistas”.
O delegado confirmou o apoio do Goberno galego ao club, que pretende facer desta celebración un punto de inflexión desde o que medrar en número de socios e actividades. Actualmente organizan dous importantes eventos na provincia, a Ancares Cycling Marathon e o Gran Premio Ciclista San Froilán.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 07/06/2025