Galicia necesita aumentar as reservas de sangue dos grupos A positivo, A negativo e B positivo
Os grupos sanguíneos amosan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o chamamento de colaboración na doazón de sangue
Santiago de Compostela, 20 de xuño 2025
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) realiza un chamamento xeneralizado á participación da poboación galega na doazón de sangue especialmente dos grupos A positivo, A negativo y B positivo. As reservas destes grupos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS.
Lembrar que os hospitais de Galicia necesitan entre 400 e 500 doazóns diarias para desenvolver de maneira eficaz o seu labor asistencial posto que moitas das tarefas que se realizan a diario son imprescindibles os compoñentes sanguíneos.
En determinadas épocas do ano, como no período estival, pode baixar o número de doazóns pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Neste sentido, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue estarán dispoñibles para visitar nestes días os diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan os adecuados niveis dos grupos sanguíneos sinalados.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nas unidades móbiles desprazadas nos próximas días ás seguintes zonas:
- Hoxe venres 20 xuño: Mugardos, A Laracha, Santa Cruz (A Coruña), Boiro, Vilagarcía de Arousa, Tui, Monforte de Lemos e Carballiño.
- Mañá sábado 21: A Laracha, Boiro, Vilagarcía de Arousa e Tui.
- Luns 23: Valdoviño, Ordes, Arteixo, Milladoiro (Ames), O Pino, Cambados, Salceda Caselas, Ribadeo, Ourense.
Ademais tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
- Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela: Luns a venres de 8:00 a 22:00 h. Sábados de 8:00 a 15:00 horas.
- Complexo Hospitalario Universitario da Coruña: Luns a venres de 8:00 a 22:00 h. Sábados de 8:00 a 15:00 horas.
- Hospital Arquitecto Marcide (Ferrol): Luns de 15:00 a 22:00 horas. Martes, mércores e xoves de 8:00 a 15:00 horas. Venres de 8:00 a 22:00 horas.
- Hospital Lucus Augusti (Lugo): Luns e venres de 15:00 a 22:00 horas. Martes, mércores e xoves de 8:00 a 15:00 horas.
- Local de doazón de ADOS (Ourense): praza Paz Novoa, 3 – escaleira 1, andar baixo, porta B. Luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.
- Hospital Provincial (Pontevedra): Luns a venres de 8:00 a 15:00 horas.
- Hospital Nicolás Peña (Vigo): Luns a venres de 8:00 a 22:00 horas. Sábados de 8:00 a 15:00 horas.
ADOS lembra que doar sangue é un xesto sinxelo, xeneroso e solidario, e convida a toda a cidadanía, maior de idade e en bo estado de saúde, a participar nesta campaña. Doar antes de veranear é garantir que a sangue estará dispoñible cando máis se precisa.
Para máis información pódese consultar a páxina web de ADOS: www.ados.sergas.gal, tamén as redes sociais e un teléfono gratuíto de información, 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.