Rueda salienta a importancia da colaboración entre Administración pública e o sector privado nunha reunión co presidente de Microsoft España

Traslada o seu interese de que a Xunta e a compañía continúen cooperando en proxectos clave para Galicia

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 2025

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, reuniuse esta semana co presidente de Microsoft España, Paco Salcedo, no seu primeiro encontro desde que fose nomeado máximo mandatario da compañía en xaneiro deste ano.

Na reunión, o presidente do Goberno galego trasladou o seu interese de que a Xunta e a multinacional sigan cooperando en proxectos clave para Galicia, como é o subministro e actualización de software á Administración pública ou en colaboracións na aplicación de tecnoloxías baseadas en Intelixencia Artificial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/06/2025