A Xunta envía ao Concello de Vigo as doce bandeiras azuis concedidas ás praias

Vigo, 26 de xuño de 2025

A delegada territorial da Xunta en Vigo, Ana Ortiz, remitiu este xoves ao Concello de Vigo as doce bandeiras azuis coas que foron galardoadas este ano as praias do municipio. A Xunta está a completar así a distribución aos municipios que non recolleron as bandeiras no acto central celebrado en Ponteceso a principios de xuño.  

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/06/2025