Martina Aneiros participa na inauguración do 26º Curso de Pensamento e Comunicación ‘Carlos Gurméndez’
Ferrol, 2 de xullo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá no salón de actos do Campus Industrial de Ferrol na inauguración da 26ª edición do Curso de Pensamento e Comunicación Carlos Gurméndez, organizado polo Club de Prensa de Ferrol, que se desenvolverá dende o día de hoxe ata próximo venres.
Aneiros recoñeceu relevancia desta iniciativa como “unha cita moi consolidada e de gran valor pola súa contribución á cultura a través da reflexión e do pensamento e de destacado interese para o desenvolvemento intelectual da nosa comunidade”, coa participación de destacadas personalidades vencelladas á temática elixida para este ano “Retos das migracións”.
A delegada territorial aproveitou para poñer en valor o esforzo que está realizando a Xunta desde hai uns anos para potenciar as políticas de retorno a través da Estratexia Galicia Retorna que “xa permitiron que un total de 8.500 galegos do exterior retornaran en 2023, cifra récord por terceiro ano consecutivo”.