Lorenzana visita en Sanxenxo a tenda pop-up de D-Due e Artesanía de Galicia

Sanxenxo (Pontevedra), 6 de xullo de 2025

A conselleira de Economía e Industria, María Jesús Lorenzana, visitou hoxe a tenda pop-up que, por quinto ano consecutivo, abren Artesanía de Galicia e a firma téxtil D-Due en Sanxenxo durante os meses de xullo e agosto.

Trátase dun escaparate no que se exhiben as coleccións desta marca de moda coas obras de 44 obradoiros de Artesanía de Galicia, que abranguen disciplinas como a cerámica, cestería, olería tradicional, madeira, xoiería, coiro, elaboración e reparación de redes, tecido, encaixe, coitelos, figuras con miga de pan (sanandresiños), gravado, bixutería, complementos, colareiras, estampaxe ou xoguetes.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 06/07/2025