Extinguido o incendio do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara
Este lume afectou 37 hectáreas, das cales 30 corresponden a monte raso e as 7 restantes a arborado
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2025
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello coruñés de Lousame, parroquia de Tállara, quedou extinguido ás 12.06 horas de hoxe.
O lume iniciábase ás 5.34 horas da madrugada do pasado mércores e finalmente afectou unha superficie de 37 hectáreas, das cales 30 corresponden a monte raso e as 7 restantes a arborado. Para a súa extinción mobilizáronse en conxunto 2 técnicos, 27 axentes, 28 brigadas, 19 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 3 avións.
A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais que acadan as 20 hectáreas poderá ser consultada na conta aberta de X (antigo twitter): @incendios085.