A delegada da Xunta en Ferrol reúnese coa directiva do Club Náutico Ría de Ares

Ferrol, 10 de xullo de 2025

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho a membros da directiva do Club Náutico Ría de Ares co fin de coñecer as actividades e proxectos nos que se atopa inmersa a entidade e seguir avanzando na colaboración con esta entidade deportiva.

O encontro enmárcase na rolda de contactos que a delegada territorial vén mantendo co tecido asociativo da zona co obxecto de coñecer de primeira man as súas necesidades e demandas relacionadas coa Administración autonómica.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 10/07/2025