A delegada da Xunta en Ferrol participa na entrega de trofeos da XXXI Regata General Gabeiras – XII Trofeo Audi-Autogándara disputado esta fin de semana en Ares
2025-07-13
/documents/35297/1781634/EntregaTrofeosRegataAres1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ares (A Coruña), 13 de xullo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta tarde na sede do Club Náutico Ría de Ares na entrega de trofeos da XXXI Regata General Gabeiras - XII Trofeo Audi-Autogándara, organizada por este club en colaboración coa Xunta de Galicia.
Na cita desta fin de semana participaron unha veintena de embarcacións da categoría cruceiro, procedentes de clubs de toda Galicia.
A competición albergou, ademais deste trofeo, a segunda proba do Trofeo Presidente da Xunta de Galicia de Vela, un dos eventos máis destacados do calendario náutico galego que continuará con probas para este trofeo nas cidades de Portosín, Baiona e Sanxenxo.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 13/07/2025