A delegada territorial da Xunta recibe aos comandantes-directores entrante e saínte da Escola de Especialidades Antonio de Escaño de Ferrol
2025-07-16
/documents/35297/1781622/RecepcionComandanteAntonioEsca%C3%B1o1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ferrol, 15 de xullo de 2025
A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, recibiu esta mañá no seu despacho aos Comandantes-Directores entrante e saínte da Escola de Especialidades “Antonio de Escaño” de Ferrol, Tomás Cordón Scharfhausen e Jaime Boloix Tortosa, respectivamente.
Durante o encontro, a delegada trasladoulle as súas felicitacións a ambos e desexoulles moitos éxitos nos seus novos destinos.
Data de actualización: 16/07/2025