A Xunta colabora co concello de Guntín para celebrar o próximo luns a IV Festa da Xuventude

Lugo, 18 de xullo de 2025

A Xunta colabora co Concello de Guntín para celebrar o vindeiro 21 de xullo na localidade a IV Festa da Xuventude. O delegado territorial, Javier Arias, e o alcalde, Ángel Pérez, presentaron hoxe as actividades na Delegación Territorial de Lugo.

As actividades comezarán o luns ás seis da tarde cunha festa infantil e da espuma. A partir das 23,30 horas haberá verbena coa actuación da orquestra Panorama. As actuacións dos DJs Casanova e Marcos Magán completarán o programa.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/07/2025