O carné Xove da Xunta posibilita descontos do 88% nos abonos do equipo Coruxo FC

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2025

O carné Xove da Xunta de Galicia posibilitará un desconto do 88% sobre o prezo orixinal do abono do equipo Coruxo FC para a tempada 2025/26. Deste xeito, pagarán 12 euros no caso de renovación de abono e 15 euros no de novas altas.

Así se recolle no convenio de adhesión a este programa asinado entre a directora  xeral de Xuventude, Lara Meneses, e o presidente desta entidade deportiva, Gustavo Falqué. Lara Meneses puxo en valor as “importantes vantaxes” que tamén outorga o Carné Xove no eido deportivo, ámbito que asegurou que o Goberno galego está a fomentar entre a mocidade dentro da súa aposta por ofrecerlles unha oferta de lecer vencellada cos valores que representa o deporte.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/07/2025